CASA DOS PEDROUZOS

Se queres desfrutar das posibilidades que ofrece a comarca Ancares - Courel, as portas da Casa dos Pedrouzos están abertas para ti. A Casa dos Pedrouzos é unha pequena casa típica de arquitectura popular do rural galego.

Está situada en Doncos, no concello de As Nogais, unha fermosa aldea dos Ancares lugueses onde ainda é posible desfrutar do tempo con tranquilidade e do aire puro á vez que se comparte conversa co vecindario, sempre hospitalario e amable.