O ENTORNO

Doncos

A Casa dos Pedrouzos está situada no lugar de Doncos, unha aldea típica da montaña luguesa pertencente ao concello de As Nogais.

Os perto de 1.200 habitantes que ten o concello están distribuidos en nove parroquias das cales, Santiago de Doncos é das máis poboadas con unhas 50 casas habitadas na actualidade.

Facendo un pouco de historia, non podemos obviar a importancia deste lugar, estratéxico pola súa situación como zona de paso e de entrada a Galicia, por Doncos pasaba a vía romana que unía Astúrica Augusta (Astorga) con Lucus Augusti (Lugo), e foi Vila con xurisdición propia na Idade Media.

Un dos atractivos do concello é a Torre de Doncos que foi castelo medieval. Situado á beira do río Navia, tivo un valor estratéxico de defensa (xunto cos castelos de Doiras e Valcarce) pola súa situación na entrada a Galicia do camiño Real de Castela.

Para máis información sobre Doncos e a comarca Ancares - Courel podes visitar o noso blog no que iremos colgando post que seguro que son do teu interese!

O noso BLOG

Os Ancares

A comarca Ancares - Courel é o maior espazo natural de Galicia e un dos maiores tesouros que temos; é natureza en estado puro.

Os Ancares alberga os concellos de As Nogais, Baralla, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Navia de Suarna.

Ten consideración de Lugar de Importancia Comunitaria na Rede Natura 2000, tanto polo seu interés xeolóxico como por ser gran reserva verde de Galicia. É tamén:

  • Lugar de Importancia Comunitaria (LIC): Os Ancares-Courel, Cruzul-Agüeira.

  • Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA): Ancares.

  • Zona de especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN): Os Ancares-Courel, Cruzul-Agüeira, Ancares.

  • Reserva Nacional de Caza.

  • Zona de Protección del Oso Pardo.

Para máis información turística sobre a zona dos Ancares e Courel aconsellamos entrar na web de turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/portada?langId=gl_ES

E tamén no noso blog onde iremos aportando información sobre a zona, as tradicións, lugares de interese, as xentes do lugar….

O noso BLOG