Estancia

A Casa dos Pedrouzos ten unha estructura un tanto peculiar: consta de un “cuadrante central” onde se atopa a cociña-comedor (con caìnzo) e o salón. Arredor deste, atopamos as catro habitacións, a diferentes alturas, e as dúas entradas á casa.

A cociña - comedor está situada na parte central da casa. Consta de unha zona de cociña con vitrocerámica e forno eléctricos, fregadeiro, microondas, cociña e forno de leña, neveira, conxelador e armarios con toda a menaxe necesaria. Na zona de comedor, unha mesa grande con cadeiras.

Na parte alta da cociña, consérvase o espazo que antigamente era o secadeiro dos chourizos e que actualmente contén un pequeno espazo luminoso cunha pequena mesa e un armario grande con menaxe de cociña.

O salón está situado a continuación da cociña, a diferente altura. Consta de dous sofás, unha mesa extensible con cadeiras, un armario e o rincón estrela da casa: a chimenea! Tamén hai TV, reproductor de DVD e varios xogos de mesa.

Galería imaxes

Situada enriba do salón, consta dunha cama de matrimonio con mesiñas, un armario grande e unha cómoda cun espello grande así como unha ventá con vistas a parte da finca. Pegado a esta, un cuarto de baño con bañeira, vater, vidé e lavamáns.

A habitación máis luminosa da casa, contén dúas camas individuais, un armario e un especial ventanal. O cuarto de baño desta habitación atópase debaixo da mesma e consta dun prato de ducha, vater e lavamáns.

Na parte alta da casa, a particularidade desta habitación (ao igual que a de Faia) é que a cama está nun altiño abuardillado con ventá tipo velux. Consta de unha cama de matrimonio e un gran armario.

O cuarto de baño consta dunha bañeira moi especial que está situada na antiga lareira da casa co que é posible bañarse mentres se observa a fermosa chimenea no teito.

Este cuarto de baño é compartido entre as habitacións Noa e Faia, xa que se sitúa xusto no medio das dúas.

Ao igual que habitación Noa, as camas están nun altiño abuardillado con ventá velux. Neste caso a habitación consta de dúas camas individuais en forma de litera. Na parte de abaixo un armario.